Para a súa comodidade, sen que sexa necesario que acuda á oficina de emprego, o SEPE pon ao seu dispor nesta páxina web os seguintes trámites:
- Recoñecemento en liña: recoñecemento automático da prestación contributiva.
- Solicitude de prestacións: presentación das solicitudes que serán tramitadas posteriormente polas persoas que xestionan as prestacións.
- Consultas: do estado da súa prestación.
- Certificado de empresa: consulta dos datos do certificado de empresa.
- Modificación de datos bancarios
- Obtención de certificados: da prestación (de situación, IRPF, importes percibidos, etc.).
Así mesmo, existe unha ampla información de prestacións por desemprego (non esixe ningunha identificación)
- Guías informativas, preguntas frecuentes, información estática.
- Cartafoles informativos e modelos de impresos.
- Simulador de prestacións para obter información sobre a posible prestación que lle pode corresponder.
Non obstante, tamén pode cubrir e descargar o impreso de solicitude de prestación por desemprego a través de Modelos de impresos, que poderá presentar canda a documentación necesaria, en calquera rexistro da Administración estatal e autonómica, e das administracións locais, neste último caso, sempre que teñan subscrito o oportuno convenio, (art. 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).