Estrutura das páxinas
Este sitio web está deseñado cun formato común a todas as páxinas de contidos, zona de cabeceira e fío de Ariadna (localizador), zona central e pé de páxina. Esta disposición permite familiarizarse facilmente coa estrutura dos documentos facilitando así a súa navegación para aquelas persoas que necesitan axudas técnicas para utilizar o sitio web.
Cabeceira.
A cabeceira é común a todas as páxinas de contidos e contén unha zona de selección do idioma, utilidades, información sobre o usuario e teléfonos de contacto:
Idiomas.
Selección da lingua cooficial: castelán, eúscaro, catalán e galego.
Imaxe institucional.
Zona con logotipos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e ligazóns aos seus sitios web e imaxe gráfica identificativa da Sede.
Menú de navegación principal.
O sistema de navegación conta con accesos ás principais seccións do sitio web.
Data e hora oficial.
Data e hora oficial: pódese observar a data e hora do servidor en que se aloxa dita Sede. Actualizando a páxina pódese comprobar en todo momento data e hora.
A data e hora da Sede Electrónica é a que terá validez legal e non a do equipo desde o que se realice o trámite.
Contido.
Dividido en dúas zonas: menú de navegación á esquerda e contidos na zona dereita.
Pé de páxina.
Na parte inferior atopámonos con varias ligazóns que nos permiten acceder a utilidades e información adicional sobre o sitio web da Sede Electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal:
- Aviso legal: destinatario e condicións de utilización do sitio web.
- Mapa web: esquema dos contidos da web polo que se pode navegar.
- Guía de navegación: información acerca da navegación do sitio web.
- Accesibilidade: descrición detallada do compromiso de accesibilidade web adquirido.
Como saber onde nos atopamos.
Nas páxinas de contido, fóra da páxina inicial, móstrase un encabezamiento que identifica onde nos atopamos, e o fío de Ariadna que mostra o percorrido feito ata chegar á páxina que se está visualizando.