Firma Electrónica

DNI electrónico: eDNI

Coa Lei 59/2003, de de 19 decembro, de firma electrónica, o DNI electrónico convértese nunha realidade. Con el perséguese conseguir diversas vantaxes:

O feito de que a clave privada só sexa coñecida polo seu propietario permítenos conseguir dúas cousas importantes:

  • Crear un documento que certifique a identidade do cidadán non só no mundo físico, senón tamén ante transaccións telemáticas, permitindo asinar todo tipo de documentos electrónicos. Usando un dispositivo seguro de creación de firma, a firma electrónica que se efectúe mediante o DNI electrónico terá efectos equivalentes aos dunha firma manuscrita.
  • Expedir o DNI electrónico nun só acto administrativo, reducindo así o tempo empregado para a súa obtención.
  • Interoperabilidade cos proxectos europeos de identificación dixital.
  • Fomentar a confianza nas transaccións electrónicas.
  • Aceptación por parte de todas as Administracións Públicas e Entidades de Dereito Público vinculadas ou dependentes das mesmas do uso do DNI electrónico. (Ej. para facer a declaración da renda, pedir un certificado de empadroamento, dar de alta no rexistro de nacementos ou reclamar o dereito á pensión).

O Documento Nacional de Identidade electrónico ten un aspecto similar ao dun cartón de crédito, e o que lle dará a capacidade de identificar o cidadán, así como ofrecerlle a posibilidade de asinar documentos electrónicos, será o que se denominou Certificado de Identidade Pública. Este certificado irá incorporado no DNI, e ademais de identificar o cidadán (autenticación), garantirá que a información non foi alterada (integridade) e que o cidadán realizou a transacción (non repudio).