Persoas

Solicitude de axuda suplementaria da RAI para vítimas de violencia de xénero ou doméstica

Axuda suplementaria de tres meses de renda activa de inserción por cambio de residencia no caso de vítimas de violencia de xénero ou doméstica

As vítimas de violencia de xénero ou doméstica que sexan beneficiarias da renda activa de inserción se acreditan que se viron obrigadas a cambiar a súa residencia nos 12 meses anteriores á solicitude de admisión no Programa de renda activa de inserción, ou durante a súa permanencia neste, poderán percibir nun pagamento único unha axuda suplementaria de contía equivalente ao importe de tres meses de renda activa de inserción a partir do día seguinte a aquel no que se solicite.

O cambio de domicilio deberá acreditalo mediante certificación/informe dos servizos sociais da administración pública autonómica ou local competente, ou mediante calquera outro documento que demostre, de forma fidedigna, que o dito cambio se fixo efectivo (recibos, cambios de domiciliación de contas ou cartilla bancaria, etc.).