Antes de continuar, lea atentamente a seguinte información relevante que vostede debe coñecer sobre o aboamento acumulado e anticipado da prestación contributiva por desemprego.
Observacións
- Se dispón de dobre nacionalidade debe indicar as dúas.
- É importante que cubra con precisión os datos referidos ao seu domicilio (rúa, número, piso, etc.) e localidade no país de orixe, xa que serán utilizados para o pagamento mediante cheque nominativo, ou para calquera outra comunicación que o Servizo Público de Emprego Estatal deba dirixirlle.
Requisitos
- Ser nacional dun país que teña convenio con España en materia de Seguridade Social, ou ao que se estendeu esta modalidade de aboamento, e ter residencia legal en España.
- Estar inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego correspondente.
- Atoparse en situación legal de desemprego como consecuencia de extinción da relación laboral.
- Ter recoñecido o dereito á prestación por desemprego de nivel contributivo, sen compatibilizalo cun traballo a tempo parcial.
- Asumir os seguintes compromisos:
- Retornar ao seu país de orixe no prazo de 30 días naturais, contados a partir da data do primeiro pagamento en España.
- Non retornar a España no prazo de tres anos para residir e/ou realizar unha actividade lucrativa ou profesional por conta propia ou allea. Este prazo empezará a contarse transcorridos trinta días naturais a partir da data do primeiro pagamento en España.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición de saída do territorio nacional previstos na lexislación de estranxeiría.
Contido
- Modalidade de aboamento.
- Percepción anticipada e de forma acumulada do importe da prestación económica de nivel contributivo.
- Da contía que hai que pagar deducirase a cantidade que resulte en aplicación da normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
- Non supón cotización ningunha á Seguridade Social, polo que non se realizará dedución en concepto de cotización.
- Aboamento en dous prazos.
- Un 40% da prestación aboarase en España, unha vez recoñecido o dereito, o día 10 do mes que corresponda.
- O 60% restante aboarase no país de orixe, unha vez transcorrido o prazo de trinta días naturais contados a partir da realización do primeiro pagamento, que se realizará o día 10 do mes que corresponda, e no prazo máximo de 90 días desde o devandito primeiro pagamento.
Para recibir este aboamento é necesario que, inmediatamente tras o retorno, o traballador compareza persoalmente na representación diplomática ou na oficina consular española no país de orixe, co fin de acreditar a súa volta a este. Nese momento deberá entregar a tarxeta de identidade de estranxeiro da que é titular, así como a dos membros que o acompañaron no seu retorno.
Solicitude
- Deberán adquirirse os compromisos indicados na solicitude, así como acreditar a identidade e a nacionalidade e indicar os datos necesarios para facer efectivo o pagamento da prestación tanto en España coma no país de orixe.
- Non se admitirá renunciar ao aboamento da prestación unha vez feito efectivo o primeiro pagamento da prestación.
- O Servizo Público de Emprego Estatal dará traslado das resolucións favorables á Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración e á Secretaría de Estado de Seguridade, co fin de que se proceda a verificar o control do cumprimento dos compromisos adquiridos nesta solicitude.
Efectos
- Unha vez producido o aboamento da prestación contributiva na modalidade de pagamento:
- A prestación por desemprego considerarase extinguida.
- Non se poderán obter os subsidios por esgotamento da devandita prestación.
- Non se poderá acceder ás prestacións e subsidios por desemprego nun período de, polo menos, tres anos, que empezarán a contarse transcorridos trinta días naturais a partir da data do primeiro pagamento da prestación.
- Recoñecido o dereito ao aboamento, a autorización de residencia quedará extinguida, transcorridos 30 días naturais contados a partir da data de realización do primeiro pagamento en España, sen necesidade doutro procedemento administrativo.
- Se o beneficiario do aboamento acumulado e de forma anticipada ten familiares reagrupados con el, e non ten unha autorización de residencia independente, estes tamén perderán as súas autorizacións de residencia nos termos previstos na normativa en materia de estranxeiría.
- De igual modo, non poderán concederse autorizacións de residencia e traballo a quen fosen beneficiarios desta modalidade de aboamento da prestación contributiva por desemprego, mentres non transcorrese un período de tres anos que empezará a contarse segundo xa se indicou.
Forma de pagamento
- Pódese optar entre pagamento por cheque nominativo ou por transferencia bancaria.
- No caso de optar pola modalidade de cheque, a entrega deste efectuarase no domicilio consignado no apartado 1 da solicitude (Datos persoais do solicitante), ao titular beneficiario da prestación. O cheque caducará aos 90 días.