Persoas

Trámites en línea

Regras de cálculo das rendas

Axuda sobre as regras para o cálculo das rendas declaradas:

  • Rendas periódicas (salarios, pensións, alugueres, intereses, a indemnización por extinción do contrato polo importe que supere a legal), cumprimente o importe  total das rendas percibidas nos 12 meses anteriores á data de solicitude.
  • Rendas percibidas nun pago único (indemnizacións percibidas pola extinción do contrato de traballo polo importe que supere a indemnización legal, premios de lotaría…), cumprimente importe percibido nos 12 meses anteriores á data de solicitude.

En caso de alleamento de bens inmobles, fóra da vivenda habitual, rendementos de capital mobiliario, rescate de plans de pensións, etc., cumprimente o rendemento obtido nos 12 meses anteriores á solicitude, pola diferenza entre o prezo de transmisión e o de adquisición ou a ganancia patrimonial neta da declaración do IRPF se a efectuou.
Outras ganancias patrimoniais obtidas nos 12 meses anteriores á solicitude: cumprimente o importe obtido da diferenza entre a ganancia e perda patrimonial.

  • Se no momento da solicitude dispón de bens de patrimonio, fondos de investimento mobiliario e inmobiliario, fondos ou plans de xubilación ou calquera outra forma de investimento de capital, fóra da vivenda habitualmente ocupada polo solicitante e dos bens cuxas rendas fosen xa computadas, cumprimente en “Outras rendas”, o resultado de aplicar o 50 % do interese legal do diñeiro vixente sobre o valor do ben, fondo ou plan.

Os datos declarados na solicitude serán verificados polo Servizo Público de Emprego Estatal coa información existente na Administración competente.