Persoas

Traballador autónomo socio de sociedade mercantil

Os traballadores autónomos que soliciten o pagamento único para constituír unha sociedade ou incorporarse a unha xa constituída da que vaian posuír o control efectivo, deberán xustificar documentalmente que a cantidade percibida se destina á achega social, aos gastos de constitución e posta en funcionamento da entidade, así como ao pagamento das taxas e tributos e ata o 15 por cento do importe da prestación ao pagamento de servizos específicos de asesoramento, formación e información relacionados coa actividade que se vai emprender.

O caso contrario suporá o cobramento indebido desta cantidade e procederá o seu reintegro.