Persoas

Traballador autónomo con discapacidade

Os traballadores que se establezan como autónomos deberán xustificar documentalmente que a cantidade percibida se destina ao investimento necesario para desenvolver a actividade. O caso contrario suporá o cobramento indebido desta cantidade e procederá o seu reintegro.

O traballador autónomo que pretenda iniciar unha actividade profesional por conta propia e acredite que se lle recoñeceu un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, recibirá o importe correspondente ao investimento necesario para desenvolver a actividade co límite da contía total de prestación pendente de percibir.

Ten a consideración de traballador con discapacidade aquel que a teña recoñecida polo IMSERSO ou polo órgano da comunidade autónoma correspondente, ou por resolución do INSS, do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.