Persoas

Solicitude de renda activa de inserción

Axuda suplementaria de tres meses de renda activa de inserción por cambio de residencia no caso de vítimas de violencia de xénero ou doméstica

O apartado Datos e rendas do cónxuxe debe cubrirse sempre que o seu cónxuxe conviva ou dependa economicamente do solicitante.

O apartado Datos e rendas dos fillos debe cubrirse se o solicitante ten fillos menores de 26 anos ou maiores con discapacidade ou menores acollidos, sempre que convivan con el ou dependan economicamente do solicitante.

Debe indicar todas as rendas (sempre que se manteñan no momento da solicitude) obtidas polo solicitante e os membros da súa unidade familiar no mes anterior ao da data de solicitude, calquera que sea o réxime económico matrimonial, a súa orixe e natureza, con carácter xeral polo seu importe bruto e tendo en conta as seguintes consideracións específicas:

  • Traballo/pensións: Inclúe o total das rendas brutas do traballo por conta allea (agás as daquel no que cesase o solicitante ou os membros da súa unidade familiar), bolsas ou outras axudas similares e mais o importe da indemnización por extinción do contrato de traballo que supere a indemnización legal. Exclúense as rendas obtidas polo solicitante por traballos de colaboración social e os salarios percibidos por traballos compatibles coas prestacións por desemprego en programas de fomento de emprego. Comprende os ingresos brutos de todo tipo de pensións e prestacións, incluídas as pensións alimenticias e os salarios sociais ou similares, excepto a prestación da Seguridade Social por fillo ao cargo e o cobro anticipado da dedución fiscal da muller traballadora con fillos menores de 3 anos.

    As rendas individuais do cónxuxe ou fillo agresor non se computan como rendas familiares; tampouco serán considerados integrantes da unidade familiar da vítima para os efectos do cómputo das rendas.

  • Capital mobiliario: Inclúe os rendementos brutos das contas bancarias e investimentos financeiros.
  • Capital inmobiliario: Comprende os rendementos brutos dos bens inmobles arrendados e as imputacións de rendas de bens inmobiliarios non arrendados e diferentes da vivenda habitual.
  • Actividades profesionais/agrarias: Indican o rendemento neto reducido (ingresos menos gastos) dos distintos tipos de actividades por conta propia e o importe neto das subvencións á actividade agraria.
  • Outras rendas: Inclúen as rendas das plusvalías ou ganancias patrimoniais derivadas da venda de bens mobles e inmobles, excepto o da vivenda habitual, premios de lotería ou similares e o rendemento presunto do patrimonio, fondos de investimento ou plans de xubilación, obtidas pola aplicación das regras do cálculo das rendas.