Persoas

Solicitude de renda activa de inserción

Axuda alta inicial por reincorporación á renda activa de inserción

Para solicitar a reincorporación ao programa, deberá inscribirse como demandante de emprego e activar o compromiso de actividade nos 15 días seguintes ao cesamento no traballo por conta propia, ao retorno a España ou á excarceración.

A petición fóra de prazo suporá a perda de tantos días de renda e cotización á Seguridade Social como medien entre o día seguinte ao do cesamento no traballo por conta propia ou ao do retorno e o día da solicitude.

No caso de volver reunir o requisito de carencia de rendas individual ou da unidade familiar, poderá solicitar a reincorporación sempre que acredite novamente a concorrencia dos devanditos requisitos dentro do período de seis meses a partir da data de baixa temporal no programa.

No caso do cesamento no traballo por conta allea a tempo completo, recuperarase de oficio a percepción da renda activa de inserción, sempre que o traballador figure inscrito como demandante de emprego.