Persoas

Solicitude de renda activa de inserción

Axuda alta inicial por vítima de violencia de xénero pola súa parella ou ex parella

É vítima de violencia de xénero a muller que sofre todo acto de violencia física e psicolóxica (incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade) de parte dos que sexan ou fosen os seus cónxuxes ou dos que estean ou estivesen ligados a ela por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia.

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • Ter acreditada pola administración competente a condición de vítima de violencia de xénero.
  • Non ser beneficiaria de axudas sociais por non poder participar en programas de emprego.

As vítimas de violencia de xénero ou doméstica que sexan beneficiarias da renda activa de inserción se acreditan que se viron obrigadas a cambiar a súa residencia nos 12 meses anteriores á solicitude de admisión no Programa de renta activa de inserción, ou durante a súa permanencia neste, poderán percibir nun pagamento único unha axuda suplementaria de contía equivalente ao importe de tres meses de renda activa de inserción a partir do día seguinte a aquel no que se solicite.

Esta axuda poderase percibir unha soa vez por cada dereito á admisión ao Programa de renta activa de inserción.

A solicitude da axuda por cambio de residencia deberá presentarse na oficina de emprego onde estea inscrita a vítima. O cambio de domicilio deberá acreditalo presentando na dita oficina certificación/informe dos servizos sociais da administración pública autonómica ou local competente, ou mediante calquera outro documento que demostre, de forma fidedigna, que o dito cambio se fixo efectivo (recibos, cambios de domiciliación de contas ou cartilla bancaria, etc.).