Persoas

Solicitude de renda activa de inserción

Axuda alta inicial por emigrante retornado

Considérase emigrante retornado o traballador de nacionalidade española, que regresa a España despois de permanecer e traballar no estranxeiro, así como, os fillos dos traballadores españois emigrantes, con nacionalidade española, nacidos no estranxeiro que regresen a España e traballasen no estranxeiro coa dita nacionalidade.

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • Ter traballados como mínimo 6 meses nos últimos seis anos desde a última saída de España.
  • Ter feitos 45 anos no momento da solicitude.
  • Que o regreso a España se producise nos 12 meses anteriores á solicitude.
  • Non ser beneficiario do Programa de renta activa de inserción nos 365 días naturais anteriores á data de solicitude do dereito á admisión ao programa.