Persoas

Axuda alta inicial por persoa con discapacidade

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes específicos: 

  • Estar inscrito ininterrompidamente na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses. (Considérase interrompida a demanda se se traballou un período acumulado de 90 ou máis días nos 365 días anteriores á data de solicitude).
    • Se se traballou durante un período acumulado de 90 días ou máis nos 365 anteriores á data de solicitude.
    • Se se saíu ao estranxeiro, por calquera motivo ou duración, exceptuando se a devandita saída foi por matrimonio ou nacemento de fillo, falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou parentes ata segundo grao, ou cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal, sempre que nestes casos a estada no estranxeiro non sexa superior a 15 días naturais.

    Nos casos de interrupción da demanda esixirase un período de 12 meses ininterrompido dende a nova inscrición.

  • É obrigatorio achegar a documentación de declaración de busca activa de emprego (BAE) para acreditar ante o Servizo Público de Emprego Estatal que, polo menos, se realizaron tres accións de busca activa de emprego, segundo o establecido no real Decreto lei 16/2014, do 19 de decembro.
  • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou ter recoñecida unha incapacidade que supoña unha diminución na súa capacidade laboral da porcentaxe anteriormente indicada.
  • Ter extinguida a prestación por desemprego de nivel contributivo e/ou o subsidio por desemprego de nivel asistencial, agás que a extinción se producise por imposición de sanción e non ter dereito a estas prestacións. Non reunirá o requisito o traballador que extinguise o subsidio por desemprego ou a renda agraria a favor dos eventuais agrarios, non tendo extinguido ningún outro tipo de prestación ou subsidio por desemprego.

Nota: Se é perceptor de pensión de invalidez non contributiva e se aproba a súa solicitude de Renda activa de inserción, o Servizo Público de Emprego Estatal comunicará ao organismo competente na xestión da súa pensión a súa incorporación ao programa, así como que a admisión queda condicionada á recepción dun certificado emitido polo organismo que acredite que Vde. deixará de percibir a pensión de invalidez non contributiva a partir da data en que se inicie a devindicación da Renda activa de inserción.