Persoas

Solicitude de renda activa de inserción

Axuda alta inicial por desempregado de longa duración

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • Ter feitos 45 anos no momento da solicitude.
  • Estar inscrito ininterrompidamente na oficina de emprego como desempregado durante 12 ou máis meses, durante os que deberá buscar activamente emprego, sen ter rexeitado oferta de emprego adecuada, nin terse negado a participar en accións para aumentar a ocupabilidade.

    Considérase interrompida a demanda:

    • Se se traballaron 90 ou máis días no ano anterior á data de solicitude.
    • Se se saíu ao estranxeiro, por calquera motivo ou duración, exceptuando se a devandita saída foi por matrimonio ou nacemento de fillo, falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou parentes ata segundo grao, ou cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal, sempre que nestes casos a estada no estranxeiro non sexa superior a 15 días naturais. Nos casos de interrupción da demanda esixirase un período de 12 meses ininterrompido dende a nova inscrición.
  • É obrigatorio achegar a documentación de declaración de busca activa de emprego (BAE) para acreditar ante o Servizo Público de Emprego Estatal que, polo menos, se realizaron tres accións de busca activa de emprego, segundo o establecido no real Decreto lei 16/2014, do 19 de decembro.
  • Non ser beneficiario do programa de Renda activa de inserción nos 365 días naturais anteriores á data de solicitude do dereito á admisión ao programa.
  • Ter extinguida a prestación por desemprego de nivel contributivo e/ou o subsidio por desemprego de nivel asistencial, agás que a extinción se producise por imposición de sanción e non ter dereito a estas prestacións. Non reunirá o requisito o traballador que extinguise o subsidio por desemprego ou a renda agraria a favor dos eventuais agrarios, non tendo extinguido ningún outro tipo de prestación ou subsidio por desemprego.