Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Condicións requiridas. Solicitude de subsidio por esgotamento de prestación contributiva sen responsabilidades familiares

Vde. seleccionou solicitar un subsidio por:

  • Esgotamento de prestación contributiva sen responsabilidades familiares

Para a concesión deste subsidio, débense dar polo menos as seguintes condicións:

  • Estar en situación de desemprego.
  • Ter esgotada a prestación por desemprego de nivel contributivo.
  • Non é preciso ter responsabilidades familiares. Se vostede ten responsabilidades familiares, pode consultar a axuda de esgotamento de prestación contributiva con responsabilidades familiares.
  • Ter 45 anos ou máis na data de esgotamento da prestación contributiva por desemprego.
  • Se ademais esgotou unha prestación contributiva de 720 días de duración, terá que seleccionar subsidio especial para maiores de 45 anos, como previo a este subsidio.

Vde. podería non ter dereito ao subsidio de desemprego por non cumprir as anteriores condicións.

¿Desexa continuar? Se non desexa continuar, poderá acudir á súa oficina de emprego para ser atendido.