Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda compatibilidade traballo tempo parcial

A percepción do subsidio por desemprego é compatible:

No caso de que Vde. estea percibindo un subsidio por desemprego e se coloque nun traballo a tempo parcial, pode compatibilizalo co subsidio, sempre que as rendas do traballo a tempo parcial, sumadas a aquelas outras que puidese obter, non impliquen a perda do requisito de carencia de rendas propias superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Neste caso, deducirase do importe da súa prestación a parte proporcional ao tempo traballado e por cada día compatibilizado consumirase un día enteiro de subsidio. Se finaliza o contrato de traballo a tempo parcial e non esgotou o seu subsidio, deberá solicitar a continuación do subsidio para que se lle volva pagar na contía que lle correspondía antes de compatibilizar a percepción do subsidio por desemprego coa colocación a tempo parcial.

Se Vde. non opta por compatibilizar o traballo a tempo parcial co subsidio de desemprego, este suspéndese, e cando finalice a relación laboral poderá continuar o período que lle quedaba pendente de cobrar cando se suspendeu o subsidio, na mesma contía que tiña antes de suspendelo.