Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda alta inicial maiores de 52 anos

Ademais dos requisitos xerais, debe cumprir os seguintes:

  • Estar desempregado e figurar inscrito como demandante de emprego durante o prazo dun mes a partir do día seguinte ao esgotamento da prestación contributiva, sen rexeitar oferta de emprego nin negarse a participar, excepto causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais. Ter 52 anos ou máis na data de solicitude. Se vostede acepta unha colocación de duración inferior a 12 meses durante o mes de espera este quedará en suspenso ata a finalización daquel.
  • Ter cumpridos 52 ou máis anos na data de esgotamento da prestación contributiva por desemprego ou do subsidio por desemprego, ou ter cumprida esa idade no momento de reunir os requisitos para acceder a algún dos seguintes subsidios: por esgotamento de prestación contributiva, emigrante retornado, revisión por melloría dunha invalidez, liberado de prisión ou cotizacións insuficientes para prestación contributiva, ou cumprila durante a percepción destes ou na data na que se cumpre o período de espera dun mes no caso dos subsidios que o requiren.
  • Cumprir todos os requisitos, agás a idade, para acceder á pensión contributiva de xubilación no sistema español de Seguridade Social.
  • Ter cotizados por desemprego un mínimo de 6 anos ao longo da súa vida laboral.
  • Estar incluído nalgún dos supostos seguintes:
    • Ter esgotada unha prestación contributiva por desemprego.
    • Ser emigrante retornado sen dereito a prestación contributiva por desemprego.
    • Que fose liberado de prisión sen dereito a prestación contributiva por desemprego e que estivese en privación de liberdade máis de seis meses.
    • Ser declarado plenamente capaz ou discapacitado parcial como consecuencia de expediente de revisión por melloría dunha situación de grande invalidez, incapacidade permanente absoluta ou total para a profesión habitual.
    • Estar en situación legal de desemprego, non ter dereito a prestación contributiva por desemprego por non cubrir o período mínimo de cotización (12 meses), sempre que se cotizasen polo menos 3 meses.

Se traballou no estranxeiro:

  • Se foi na Unión Europea, Espazo Económico Europeo, Australia ou Suíza, para acreditar as cotizacións deberá presentar o documento E-301 ou equivalente.

Relación de países pertencentes á Unión Europea, Espazo Económico Europeo, Suíza e Australia

Alemaña

Australia

Austria

Belgica

Bulgaria

Chipre

 

Dinamarca

Eslovaquia

Eslovenia

Espainia

Estonia

Finlandia

Francia

Grecia

Hungría

Francia

Grecia

Hungría

Irlanda

Islandia

Italia

Luxemburgo

Malta

Noruega

Países Baixos

Polonia

Portugal

Reino Unido

República Checa

Romanía

Suecia

Suiza

  • Se traballou nun país que teña convenio con España en materia de xubilación, para acreditar as cotizacións deberá presentar un documento no que conste toda a súa vida laboral nese país.

Países que teñen convenio con España en materia de xubilación

Andorra

República Dominicana

Perú

Arxentina

Ecuador

Rusia

Australia

Estados Unidos

Tunes

Brasil

Filipinas

Ucraína

Canadá (excepto Quebec)

Marrocos

Uruguai

Chile

México

Venezuela

Colombia

Paraguai

Este subsidio non será de aplicación aos traballadores fixos descontinuos, incluídos os que realicen traballos fixos e periódicos que se repitan en datas certas, mentres manteñan tal condición.

Os traballadores que esgotasen unha prestación contributiva para eventuais agrarios non poderán ter acceso directamente a este subsidio, aínda cumprindo o resto dos requisitos.

Sé é un traballador fixo descontinuo:

  • Os traballadores fixos descontinuos, incluídos os que realicen traballos fixos e periódicos que se repitan nas datas certas, mentres manteñan esta condición non poderán obter o subsidio especial para maiores de 45 anos nin o subsidio de maiores de 52 anos durante os períodos de actividade intermitente ou de temporada. Non obstante, poderán obter estes subsidios cando se extinga a súa relación laboral se reúnen os requisitos xerais destes subsidios ou se, ademais de reunir os requisitos, cumpren o seguinte:
  • Ter cotizacións como fixos descontinuos ou por traballos fixos e periódicos que se repitan en datas certas un mínimo de nove anos ao longo da súa vida laboral e ter xa esgotada unha prestación contributiva por desemprego de calquera duración.