Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda alta inicial por expediente de invalidez

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • O solicitante ten que estar desempregado e figurar inscrito como demandante de emprego durante o prazo dun mes contado a partir da súa inscrición como desempregado, sen rexeitar oferta de emprego nin negarse a participar, excepto causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais. O prazo para inscribirse como demandante de emprego é dun mes desde a data da declaración de capacidade ou invalidez en grao de incapacidade permanente parcial. Cando un traballador acepte unha colocación de duración inferior a 12 meses durante o mes de espera quedará en suspenso ata a finalización daquel.
  • Ser declarado plenamente capaz ou discapacitado parcial como consecuencia de expediente de revisión por melloría dunha situación de grande invalidez, incapacidade permanente absoluta ou total para a profesión habitual.