Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda alta inicial liberado de prisión

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • O solicitante ten que estar desempregado e figurar inscrito como demandante de emprego durante o prazo dun mes contado a partir da súa inscrición como desempregado, sen rexeitar oferta de emprego nin negarse a participar, excepto causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais. O prazo para inscribirse como demandante de emprego é dun mes desde a data de excarceración. Cando un traballador acepte unha colocación de duración inferior a 12 meses durante o mes de espera este quedará en suspenso ata a finalización daquel.
  • Ser liberado de prisión e que a privación de liberdade sexa dunha duración igual ou superior a seis meses.
  • Tamén se entenderán comprendidos nesta situación os menores liberados dun centro de internamento no que fosen ingresados como consecuencia da comisión de feitos tipificados como delito, sempre que, ademais de permaneceren privados de liberdade por seis ou máis meses, no momento da súa liberación sexan maiores de 16 anos. Así mesmo, entenderanse comprendidas nesta situación as persoas que concluísen un tratamento para se deshabituar da drogodependencia, sempre que este durase un período igual ou superior a seis meses e visen remitida a súa pena privativa de liberdade en aplicación do previsto no artigo 87 do Código penal.