Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda alta inicial por cotización insuficiente

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • Ter cotizados, nun réxime da Seguridade Social que contemple a continxencia de desemprego, polo menos 3 meses se ten responsabilidades familiares ou 6 meses se non as ten, e non ter cuberto o período mínimo de cotización de 360 días para ter dereito a unha prestación contributiva.

Considéranse responsabilidades familiares ter a cargo o cónxuxe, fillos menores de 26 anos, maiores discapacitados ou menores acollidos, cando a renda do conxunto da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros, non supere o 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Non se considerarán a cargo o cónxuxe ou os fillos con rendas superiores ao límite antes indicado.

No caso das vítimas da violencia de xénero ou doméstica, o cónxuxe ou o fillo agresor non serán considerados a cargo da vítima, tampouco serán computados como membros da unidade familiar, nin serán tidas en conta as súas rendas.