Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda de emigrante retornado

Considérase emigrante retornado o traballador de nacionalidade española, que regresa a España despois de permanecer e traballar no estranxeiro, así como, os fillos dos traballadores españois emigrantes, con nacionalidade española, nacidos no estranxeiro que regresen a España e traballasen no estranxeiro coa dita nacionalidade.

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • O solicitante ten que estar desempregado e figurar inscrito como demandante de emprego durante o prazo dun mes a partir da súa inscrición como desempregado, sen rexeitar oferta de emprego nin negarse a participar, excepto causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais. O prazo para inscribirse como demandante de emprego é dun mes desde a data do retorno. Cando un traballador acepte unha colocación de duración inferior a 12 meses durante o mes de espera este quedará en suspenso ata a finalización daquel.
  • Ser español e retornar dun país estranxeiro non pertencente á Unión Europea ou ao Espazo Económico Europeo, nin Australia ou Suíza, no que debe ter traballados como mínimo 12 meses nos últimos seis anos desde a última saída de España.

Relación de países pertencentes á Unión Europea, Espazo Económico Europeo, Suíza e Australia

Alemaña

Australia

Austria

Bélxica

Bulgaria

Chipre

Dinamarca

Eslovaquia

Eslovenia

Espainia

Estonia

Finlandia

Francia

Grecia

Hungría

Francia

Grecia

Hungría

Irlanda

Islandia

Italia

Luxemburgo

Malta

Noruega

Países Baixos

Polonia

Portugal

Reino Unido

República Checa

Romanía

Suecia

Suiza