Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda alta inicial subsidio especial maiores de 45 anos

Ademais dos requisitos xerais, debe cumprir os seguintes:

  • Ter feitos 45 anos na data de esgotamento da prestación.
  • Ter esgotada unha prestación por desemprego de nivel contributivo de 720 días.
  • Os traballadores fixos descontinuos, incluídos os que realicen traballos fixos e periódicos que se repitan en datas certas, mentres manteñan esta condición non poderán obter este subsidio durante os períodos de actividade intermitente ou de temporada. Non obstante, poderán obtelo cando se extinga a súa relación laboral, se reúnen os requisitos anteriormente expostos ou se, ademais de reunir os requisitos xerais, cumpren o seguinte:
    • Ter cotizacións como fixos descontinuos ou por traballos fixos e periódicos que se repitan en datas certas un mínimo de nove anos ao longo da súa vida laboral e ter xa esgotada unha prestación contributiva por desemprego de calquera duración.

Este subsidio é preferente ao de esgotamento da prestación contributiva con ou sen responsabilidades familiares.

Ao esgotar o subsidio especial pode ter dereito a outro subsidio se se cumpren os seguintes requisitos:

  • Seguir carecendo de rendas propias superiores ao 75% do SMI.
  • Permanecer inscrito como demandante de emprego durante o prazo dun mes desde o esgotamento do subsidio especial sen rexeitar oferta de emprego adecuado nin negarse a participar, excepto causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais. Cando un traballador acepte unha colocación de duración inferior a 12 meses durante o mes de espera este quedará en suspenso ata a finalización daquel.

O prazo de solicitude será de 15 días contados a partir do cumprimento do mes de espera.