Persoas

Solicitude de subsidio por desemprego

Axuda alta inicial por esgotamento sen responsabilidade familiar

Vde. debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

  • Estar desempregado e figurar inscrito como demandante de emprego durante o prazo dun mes a partir do día seguinte ao esgotamento da prestación contributiva, sen rexeitar oferta de emprego nin negarse a participar, excepto causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais. Cando un traballador acepte unha colocación de duración inferior a 12 meses durante o mes de espera este quedará en suspenso ata a finalización daquel.
  • Esgotar a prestación contributiva de duración inferior a 720 días.
  • Ter feitos 45 anos na data de esgotamento da prestación contributiva.
  • Pode carecer de responsabilidades familiares.

Considéranse responsabilidades familiares ter a cargo o cónxuxe, fillos menores de 26 anos, maiores discapacitados ou menores acollidos, cando a renda do conxunto da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros, non supere o 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Non se considerarán a cargo o cónxuxe ou os fillos con rendas superiores ao límite antes indicado.

No caso das vítimas da violencia de xénero ou doméstica, o cónxuxe ou o fillo agresor non serán considerados a cargo da vítima, tampouco serán computados como membros da unidade familiar, nin serán tidas en conta as súas rendas.