Axuda por novo dereito
Documentación xeral
Para a acreditación da situación legal de desemprego:
Certificado de empresa asinado e selado da última empresa na que traballase.
Ademais da documentación xeral (certificado de empresa) terán que presentar outra documentación, segundo a situación:
- Se perde un traballo a tempo completo e mantén outro a tempo parcial:
Certificado de empresa do traballo que mantén. - Se perde un traballo a tempo parcial e mantén outro a tempo parcial:
Se posteriormente perde o traballo a tempo parcial que mantiña:
Certificado de empresa dos últimos 180 días anteriores á perda do primeiro traballo a tempo parcial. - No caso de impugnar o despido:
Acta de conciliación administrativa ou xudicial ou resolución xudicial ou providencia de opción pola indemnización ou auto polo que se declare extinguida a relación laboral no caso de non readmisión ou readmisión irregular. - No caso de cesar na actividade de artista:
Non se require documentación adicional á xeral. - No caso de cesar na actividade de toureiro:
- Contrato de traballo da última actuación.
- O interesado poderá anexar calquera outra documentación que considere importante para a tramitación da súa solicitude.
- No caso de traballadores fixos descontinuos:
Non se require documentación adicional á xeral. - No caso de proceder do réxime agrario:
Non se require documentación adicional á xeral. - No caso de cargos públicos ou sindicais:
Non se require documentación adicional á xeral. - No caso de cesar nunha empresa logo de solicitar excedencia voluntaria noutra anterior:
Se o prazo de duración da excedencia voluntaria xa transcorreu cando solicita a prestación por desemprego ou non está previsto un período mínimo de duración da excedencia concedida, deberá achegar escrito da empresa no que conste que non pode volver ingresar nela. - No caso de que proceda do réxime de ISFAS:
Non se require documentación adicional á xeral. - No caso de ser un representante de comercio:
Se non ten o certificado de empresa asinado e selado da última empresa na que traballou:
Certificación de ingreso das cotas á Seguridade Social. - No caso de que proceda dun ERE:
Non se require documentación adicional á xeral. - No caso de socios cooperativistas:
No suposto de cesamento por causas económicas, tecnolóxicas ou de forza maior: certificación da autoridade laboral na que se constaten esas causas. - No caso de extinción ou suspensión da relación laboral de vítimas de violencia de xénero:
Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero: orde de protección ditada polo xuíz ou, de maneira excepcional, informe do ministerio fiscal. - No caso de traballar nun país estranxeiro:
- Se regresa dun país membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou dun país co que existe convenio sobre protección por desemprego (Suíza ou Australia):
Formulario E-301 ou documento equivalente (os emigrantes de Suíza, certificado da agregaduría laboral dese país). - Se regresa dun país que non sexa membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, ou cos que non exista convenio sobre protección por desemprego:
Certificación emitida pola Dependencia de Traballo das delegacións e subdelegacións de Goberno, na que conste, en todo caso, a condición de emigrante retornado, a data do retorno e o tempo traballado no país estranxeiro.
- Se regresa dun país membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou dun país co que existe convenio sobre protección por desemprego (Suíza ou Australia):
- No caso de ser liberado de prisión:
- Certificación do director do centro penal, na que conste a excarceración por cumprimento de condena ou liberdade condicional, e mais as datas de ingreso en prisión e de excarceración.
- Certificado de empresa no caso de traballar durante a súa situación de privación de liberdade.
- No caso de que ao traballador lle sexa declarada unha incapacidade permanente total e opte por cobrar a prestación por desemprego:
Non se require documentación adicional á xeral.
Para calquera caso:
- Se nos últimos 6 anos realizou traballos a tempo parcial anteriores ao do último cesamento e non cobrou ningunha prestación por eles:
Contratos dos últimos 6 anos dos traballos a tempo parcial. - No caso de acceder á prestación tras unha maternidade/paternidade:
Non se require documentación adicional á xeral. - No caso de ter cargas familiares e de que variase a súa situación aumentando os fillos ao seu cargo:
Só será necesario acreditar aqueles fillos que non se fixesen constar en solicitudes anteriores.- Libro de familia ou documento equivalente, con tradución oficial ao español no caso de estranxeiros.
- Se ten fillos discapacitados maiores de 26 anos: certificado do grao de discapacidade dos fillos, expedido polo IMSERSO ou o órgano da comunidade autónoma correspondente, do Ministerio de Economía e Facenda ou de Defensa, que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
- Se ten menores acollidos: resolución xudicial ou escrito de formalización de acollemento no que conste o consentimento da entidade pública que en cada territorio teña encomendada a protección de menores e a data de efectos do acollemento.
- No caso de separación ou divorcio: sentenza e/ou convenio regulador da separación.
- No caso de fillos que non residen en España e están traballando:
- Formulario E-302 ou
- certificación do consulado ou da embaixada de España no país de residencia ou certificación do organismo competente nese país sobre a situación laboral dos fillos.