Persoas

Achegamento de documentación. Solicitude de prestación contributiva

Axuda continuación

Documentación xeral

Para a acreditación da situación legal de desemprego:
Certificado de empresa asinado e selado pola empresa na que traballase.

No caso de impugnar o despedimento:
Acta de conciliación administrativa ou xudicial ou resolución xudicial ou providencia de opción pola indemnización ou auto polo que se declare extinguida a relación laboral, en caso de non readmisión ou readmisión irregular.

Ademais da documentación xeral (certificado de empresa) terán que presentar outra documentación, segundo a situación:

  • Cando a causa de suspensión da prestación sexa a realización dun traballo por conta allea de duración inferior a 12 meses:
    Non se require documentación adicional á xeral.
  • Cando a causa de suspensión da prestación sexa a realización dun traballo por conta propia de duración inferior a 24 meses:
    Non é necesario que achegue ningunha documentación.
  • Cando a causa de suspensión da prestación sexa traslado ao estranxeiro por tempo inferior a 12 meses para busca de emprego, realización dun traballo, perfeccionamento profesional ou participación en accións de cooperación internacional:
    • No caso de que realizase un traballo:
      • Se regresa dun país membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou dun país co que existe convenio sobre protección por desemprego (Suíza ou Australia):
        Formulario E-301 ou documentación equivalente (os emigrantes de Suíza, certificado da agregaduría laboral dese país).
      • Se regresa dun país que non é membro da Unión Europea nin do Espazo Económico Europeo co que non existe convenio sobre protección por desemprego:
        Certificación, emitida pola Dependencia de Traballo das delegacións e subdelegacións de Goberno, na que conste a data de retorno e o tempo traballado no país de emigración.
    • No caso de que sexa traslado ao estranxeiro para busca de emprego ou perfeccionamento profesional ou cooperación internacional:
      Proba documental de tales circunstancias. (Por ex: certificado de inscrición nos servizos públicos de emprego, certificado do centro no que realizasen os estudos ou cursos, certificación expedida polo organismo que acredite a cooperación internacional).
  • Cando a causa de suspensión da prestación sexa cumprimento de condena que implique privación de liberdade:
    • Certificación do director do centro penal, na que conste a excarceración por cumprimento de condena ou liberdade condicional, e mais as datas de ingreso en prisión e de excarceración.
    • Certificado de empresa no caso de traballar durante a súa situación de privación de liberdade.
  • Cando a causa de suspensión sexa maternidade/paternidade:
    Non necesita achegar ningunha documentación específica.
  • No caso de ter cargas familiares e variase a súa situación aumentando os fillos ao seu cargo:
    Só será necesario acreditar aqueles fillos que non se fixesen constar en solicitudes anteriores.
    • Libro de familia ou documento equivalente en caso de estranxeiros con tradución oficial ao español.
    • Se ten fillos discapacitados maiores de 26 anos: certificado do grao de discapacidade dos fillos, expedido polo IMSERSO ou o órgano da comunidade autónoma correspondente, do Ministerio de Economía e Facenda ou de Defensa, que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
    • Se ten menores acollidos: resolución xudicial ou escrito de formalización de acollemento no que conste o consentimento da entidade pública que en cada territorio teña encomendada a protección de menores e a data de efectos do acollemento.
    • No caso de separación ou divorcio: sentenza e/ou convenio regulador da separación.
    • No caso de fillos que non residen en España e están traballando:
      • Formulario E-302 ou
      • certificación do consulado ou da embaixada de España no país de residencia ou certificación do organismo competente nese país sobre a situación laboral dos fillos.