É unha aplicación que permite ao cidadán simular, con base nos datos que el mesmo introduce ao contestar unhas breves e sinxelas preguntas que lle realizará o programa, a posible prestación á que podería ter dereito, a súa duración e importe.
Non ten ningún carácter vinculante para o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), xa que non se realiza ningunha comprobación sobre a veracidade ou coincidencia cos datos que constan nas bases de datos do SEPE.
O seu acceso é libre, non se esixe ningunha autenticación.
As situacións que se contemplan no programa son:
- Prestación que poida corresponder por finalización de contrato (prestación contributiva ou subsidio por desemprego por cotización insuficiente).
- Subsidio por desemprego por esgotamento da prestación contributiva.
