Persoas

Declaración anual de rendas do subsidio de maiores de anos. 52

SÓ PARA ACCESOS A través de CL@VE: Para poder asinar un trámite no SEPE, debe realizarse o rexistro de nivel avanzado no sistema Cl@ve, ben de forma presencial, nunha oficina ante un empregado/a público habilitado para o efecto, ou ben de forma telemática, previa autenticación do cidadán/a mediante un certificado electrónico recoñecido

Videoguía para realizar la declaración anual de rentas

Esta guía de uso en formato video, muestra los pasos a seguir para presentar la declaración anual de rentas del subsidio de mayores de 52 años.

A presentación da Declaración Anual de Rendas (DAR) para o subsidio de maiores de 52 anos ata a idade de xubilación realizarase, dependendo da data de concesión do mesmo, nos seguintes termos:

Para subsidios anteriores ao 01/11/2024: 

Este servizo permite tramitar a declaración anual de rendas ás persoas beneficiarias do subsidio de maiores de 52 anos, para continuar percibindo o subsidio, sempre que se manteñan os requisitos inicialmente esixidos durante a súa percepción. Poderá realizar a súa presentación a través do botón "Iniciar declaración".

Para subsidios posteriores ao 01/11/2024:

A presentación da DAR debe realizarse a través dunha presolicitude na Área Persoal desta Sede Electrónica ou presencialmente nunha oficina de prestacións. 

Para a tramitación da declaración necesitas:

  • Dispor de usuario e contrasinal obtidos a través do sistema de cl\@ve, certificado dixital ou DNIe. Para finalizar os trámites que requiren sinatura, é imprescindible, cando se accede con usuario e contrasinal cl\@ve, dispor de teléfono móbil e que coincida co rexistrado en cl\@ve.
  • Estar inscrito como demandante de emprego no servizo de emprego autonómico ou, se reside en Ceuta ou Melilla, no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Declarar que non se superan os límites de rendas establecidos.
  • A súa conformidade cos datos dos que dispoñemos.

Este servizo está dispoñible de 8:00 h a 20:00 h de luns a venres.

Se desexas información sobre outro tipo de prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal podes atopala en Información  sobre outro tipo de prestacións ou contactar a través de Atención telefónica

FEDER