Que é o Dossier de competencias?

É un conxunto estruturado de documentos que achegan información sobre a traxectoria profesional e formativa dunha persoa.

Basicamente está composto polos seguintes documentos:

  • Historial profesional e formativo (Curriculum vitae)
  • Probas, produtos, logros ou evidencias que xustifican a súa traxectoria profesional e formativa (Exemplos: certificados de empresa, contratos de traballo, certificados de cursos, seminarios, congresos,…)