Que son as competencias profesionais-Unidades de competencia

As competencias profesionais dunha persoa reflicten o conxunto de coñecementos e capacidades que lle permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e o emprego.

Estas competencias poden adquirirse mediante formación ou por experiencia laboral.

O conxunto de unidades de competencia con significación para o emprego constitúen unha cualificación profesional.

Unha persoa está cualificada cando no desenvolvemento do seu traballo obtén uns resultados que están ao nivel demandado polo sistema produtivo.