Gobierno de España. Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Servicio Público de Empleo Estatal

Sede electrónica del Servicio Público de Empleo Estatal

Solicitude de autorización de inicio da actividade formativa dos contratos para a formación e a aprendizaxe

"A actividade formativa do contrato para a formación e a aprendizaxe será autorizada previamente ao seu inicio polo Servizo Público de Emprego competente" (Artigo 16.7 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual e artigo 6 da Orde ESS/2518/2013, do 26 de decembro.)

Esta aplicación permite solicitar ante o correspondente Servizo Público de Emprego a autorización de inicio da actividade formativa dos contratos para a formación e a aprendizaxe.

Mediante esta aplicación poderase solicitar e rexistrar electronicamente a autorización dos contratos cuxo posto de traballo estea situado nunha Comunidade Autónoma que subscribise o convenio de colaboración para a utilización do Rexistro Electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal. En todo caso, as empresas que contraten en Ceuta ou Melilla.

Na pantalla de inicio da solicitude infórmase sobre as comunidades autónomas que asinaron o convenio. Se a súa comunidade autónoma non figura na relación, deberá poñerse en contacto cos Servizo Públicos de Emprego desta para realizar a solicitude.

INSTRUCIÓNS

Para realizar a solicitude encha cada un dos apartados do formulario da forma máis completa e exacta posible. Cada apartado componse dunha pantalla. O paso dunha pantalla a outra almacenará a información introducida. Desta forma, pódese interromper o enchido e retomalo noutro momento conservando os datos xa achegados. Cando remate o seu enchido garde e envíe. Unha vez que a solicitude foi enviada non é posible modificar a información consignada nesta. Garde unha copia ou imprímaa pulsando nas opcións correspondentes. Cubrirase e presentarase unha solicitude por cada contrato para a formación e aprendizaxe que se vaia formalizar cuxa actividade formativa vaia dirixida á obtención dun:

A persoa solicitante da autorización de inicio deberá estar en posesión dun certificado electrónico ou eDNI.

Antes de cubrir a solicitude debe ter en conta os seguintes aspectos:

  • A actividade formativa levarase a cabo en centros ou empresas debidamente autorizados ou acreditados polas administracións educativas ou laborais. Buscador de centros.
  • A actividade formativa estará relacionada coa actividade laboral desempeñada no posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato. Buscador de Certificados de Profesionalidade relacionados coas ocupacións.
  • A persoa traballadora deberá reunir os requisitos de acceso establecidos na correspondente normativa para cursar as ensinanzas da devandita actividade formativa.
  • A formación bonificarase cando esta conduza á obtención de Títulos de Formación Profesional, Certificados de Profesionalidade e Certificación académica ou Acreditación parcial acumulable.
  • No desenvolvemento da actividade formativa achegarase unha Planificación xeral desta (ver modelo).
  • No suposto de que a formación se desenvolva conxuntamente entre centro e empresa nalgunha das modalidades establecidas no artigo 3.1 do RD 1529/2012, do 8 de novembro, achegarase un documento no que se especifique a colaboración entre a empresa e o centro.

Se a solicitude presentada non reunise os requisitos esixidos, notificarase para que no prazo de dez días hábiles, o solicitante emende as faltas ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A solicitude resolverase no prazo máximo dun mes dende a data da súa entrada en Rexistro. A non resolución no devandito prazo lexitima os interesados para entender estimada a súa solicitude por silencio administrativo, de acordo co disposto no artigo 16.9 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

Para calquera consulta sobre esta aplicación poden dirixirse ao Servizo Público de Emprego correspondente.

logo FEDER