Persoas

Solicitude de abono acumulado e anticipado da prestación contributiva por desemprego a traballadores estranxeiros que retornan ao seu país de orixe (APRE)

Para poder ter dereito ao abono acumulado e anticipado da Prestación Contributiva por desemprego ten que cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser nacional dun país con convenio bilateral con España en materia de Seguridade Social.
    • Países con Convenio con España en materia de Seguridad Social: Andorra, Argentina, Australia, Brasil, Bolivia, Canadá, Chile, Colombia, Ecuador, El Salvador, Estados Unidos, Federación Rusa, Filipinas, Japón, Marruecos, Méjico, Paraguay, Perú, República Dominicana, Túnez, Ucrania, Uruguay, Venezuela y República de Corea.
    • Quedan excluídos deste abono os traballadores nacionais de países da Unión Europea ou do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza e aqueles que teñan dobre nacionalidade cando unha delas sexa a dun país con convenio bilateral con España e a outra sexa a española ou a dun dos países anteriormente citados.
    • Así mesmo quedan excluídos os familiares dun cidadán dun Estado membro da Unión Europea ou dun Estado que forma parte do Espazo Económico Europeo e ten cartón de residente comunitario non terá dereito ao abono acumulado e anticipado de prestación contributiva por desemprego.
  • Ter residencia legal en España.
  • Estar desempregado e rexistrado como demandante de emprego.
  • Se presenta a solicitude de prestación contributiva e APRE á vez, o APRE non se aprobará ata que non teña recoñecido o dereito á prestación contributiva, sen compatibilizalo cun traballo a tempo parcial.
  • Asumir o compromiso de retornar ao seu país de orixe no prazo máximo de días 30 naturais contando a partir da data do primeiro pago en España e o de non retornar a España no prazo de tres anos.
  • Non estar incurso nos supostos de prohibición de saída do territorio nacional previstos na lexislación de estranxeiría (non estar incurso nun procedemento xudicial pola comisión de delitos en España; non estar condenado pola comisión de delitos en España a pena de privación de liberdade e reclamados, calquera que fose o grao de execución da condena; os reclamados e, no seu caso, detidos para extradición polos respectivos países; os supostos de padecimiento de enfermidade contaxiosa que impoñan a inmovilización ou o internamento obrigatorio.)

Pode complementarse o abono acumulado e anticipado da Prestación Contributiva por desemprego con axudas para a viaxe ao seu país de orixe. Unha vez que o Servizo Público de Emprego Estatal recoñece o dereito ao este abono, deberá porse en contacto co teléfono 902 882 120 para tramitar estas axudas complementarias.