Persoas

Recoñecemento da prórroga de subsidios

Aquí podes solicitar o recoñecemento da túa prórroga de subsidio de desemprego, recoñecido con anterioridade e non esgotado.

Este servizo permite solicitar e recoñecer o subsidio por desemprego, concedido inicialmente por un período de seis meses, que se vai prorrogando cada seis meses, ata alcanzar a súa duración máxima, sempre que se manteñan os requisitos inicialmente esixidos durante a súa percepción.

Para o recoñecemento da prórroga semestral necesitas:

  • Dispor de usuario e contrasinal obtido a través do sistema de cl@vecertificado dixital ou DNIe. Para finalizar os trámites que requiren firma, é imprescindible, cando se accede con usuario e contrasinal cl@ve, dispor de teléfono móbil e que coincida co rexistrado en cl@ve.
  • Inscrición como demandante de emprego no servizo de emprego autonómico ou, se reside en Ceuta ou Melilla, no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Declarar as cargas familiares
  • Declarar que non se superan os límites de rendas establecidos
  • A túa conformidade aos datos que dispomos

Este servizo está dispoñible de 8:00 h a 20:00 h de luns a venres

Se desexa información sobre outro tipo de prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal podes encontrala en Información sobre outro tipo de prestacións ou contactar a través de Atención telefónica

FEDER