Terá dereito ao subsidio extraordinario por falta de actividade se, con anterioridade ao 14 de marzo estaba de alta no Sistema Especial de Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, atópase nalgunha das seguintes situacións:
- Deixou de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, a fin de reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios con motivo da crise sanitaria do COVID- 19 .
- Extinguiuse o seu contrato de traballo por causas alleas á vontade da persoa traballadora e esta extincion débese á crise sanitaria do COVID- 19 .
Para iso:
- Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
- Presentar a solicitude e achegar a declaración responsable do empregador (tantas declaracións responsables como empregadores teña)
(proximamente dispoñible)
- Presentar a solicitude e achegar a declaración responsable do empregador (tantas declaracións responsables como empregadores teña)
- Se NON dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
- Descargar o formulario da solicitude e o formulario da declaración responsable do empregador (tantas declaracións responsables como empregadores teña).
- Modelo de solicitude SEEH (PDF) Documento PDF
- Instrucións para a solicitude de SEEH (PDF) Documento PDF
- Modelo de solicitude do empregador (PDF) Documento PDF
- Instrucións para o empregador de SEEH (PDF) Documento PDF
- Folla Informativa SEEH (PDF) Documento PDF
- Resolución de de 30 abril de 2020 (PDF) Documento PDF